InicioCentralBurelaIzadas as bandeiras azuis en Burela nas praias do Portelo, A Marosa...

Izadas as bandeiras azuis en Burela nas praias do Portelo, A Marosa e Ril

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela izou nas praias do Portelo, da Marosa e do Ril xa ondean desde este pasado venres as bandeiras azuis, tres areais que reciben un ano máis o recoñecemento á calidade das augas e os servizos que ofrecen, un distintivo outorgado pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) en base a criterios de sostibilidade e servizos.

Este mediodía realizaron o acto de izado das tres bandeiras o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, comezando pola praia do Portelo e rematando na Marosa, tal e como estaba previsto.

O rexedor subliñou que “temos as tres praias acondicionadas para o desfrute de veciños e visitantes, nas que ademais xa ondean as bandeiras azuis, un símbolo de calidade e prestacións que se suma aos valores medio ambientais que traballamos desde o concello con distintos axentes sociais e colectivos ao longo de todo o ano”. Nesta liña remarcou “que precisamos un verdadeiro cambio na deriva que está tomando a contaminación global e o cambio climático, polo que en Burela tomamos moi en serio o coidado das nosas praias e do noso mar, por ser un medio de vida para moitas familias e porque non hai outra resposta ao que está ocorrendo que o ecoloxismo e o respecto absoluto ao medio ambiente”. Finalizou animando “a vir ás praias de Burela, enclaves únicos que hai que desfrutar e coñecer”.

A edil de Medio Ambiente amosou a súa satisfacción por “contar de novo con tres bandeiras azuis e polo que iso significa, posto que Burela xa está despuntando en canto a calidade medio ambiental se refire, cun traballo de fondo nesta materia e unha aposta decidida pola correcta xestión dos recursos, a concienciación social e a aprendizaxe colectiva para adquirir e integrar rutinas favorables e corrixir aquelas prexudiciais para a natureza”.

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis en praias e portos deportivos están relacionados coa calidade das augas, a seguridade e accesibilidade, a dotación de servizos, así como a xestión ambiental e a sostibilidade destes espazos.

OUTRAS DISTINCIÓNS

O Concello de Burela xa se está a consolidar como referente polas súas políticas públicas no eido medio ambiental, posto que as bandeiras azuis non son o único distintivo concedido á localidade.

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) fixo un recoñecemento neste ano 2022 co galardón “Sendeiro Azul” pola Ruta do Litoral Burelés que discorre ao longo da costa burelá, entre as praias do Cantiño e a Marosa, poñendo en valor unha vez máis a localidade no contexto comarcal, provincial, autonómico, nacional e internacional, como punto de referencia na protección e educación ambiental.

Ademais, hai uns meses que este mesmo organismo destacou tamén a Burela entre os tres mellores concellos en educación e información mediombiental de toda España, unha mención que se fundamenta no traballo constante do concello por inculcar nos distintos sectores da poboación a perspectiva da ecoloxía e o respecto ao medio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...