InicioCentralBurelaA Ruta conserveira, o "Reina del Carmen" e as rutas xeolóxicas, principais...

A Ruta conserveira, o “Reina del Carmen” e as rutas xeolóxicas, principais atractivos de Burela

O concello destaca que o turismo creceu un 38% con respecto á anualidade anterior.

Publicada o

- Advertisement -

A Delegación de Turismo do Concello de Burela vén de facer balance dos datos do pasado mes de xullo destacando as 2.361 persoas que fixeron consultas na Oficina de Turismo, o que supón un incremento do 38% con respecto á anualidade anterior.

Nun comunicado suliña que participaron da Ruta da Conserveira un total de 309 persoas, e foron 527 as visitas á Lonxa. O Barco Museo “Reina del Carmen” recibiu 1.116 visitas no mes de xullo, un 23% máis que no ano 2020, non só recuperando a normalidade senón superando as expectativas do goberno local.

As rutas xeolóxicas tamén supuxeron un grande atractivo para Burela, cubrindo as prazas case ao 100%. Pola súa banda, os hoteis e pisos turísticos tamén tiveron unha ocupación practicamente do 100%, redundando positivamente na economía local e a creación de postos de traballo vinculados ao sector servizos.

O tenente de alcalde e edil delegado en materia turística, Ramiro Fernández, asegurou que “tivemos moito turismo nacional procedente de Madrid, País Vasco e Castela e León, principalmente, e tamén incrementou este ano o turismo estranxeiro”, polo que “celebramos o potencial turístico de Burela e recollemos os froitos de todo o traballo de visibilización, divulgación e información que se fai desde esta delegación”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...