InicioSucesosDetida unha banda que roubou en alomenos 25 vivendas e comercios da...

Detida unha banda que roubou en alomenos 25 vivendas e comercios da Mariña e occidente de Asturias

Os arrestados son veciños de Foz, Ribadeo e O Valadouro, con idades entre os 26 e os 32 anos

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na provincia de Lugo a tres integrantes dunha banda especializada en roubos en vivendas na zona da Mariña Lucense, á que atribúe polo menos 25 feitos delituosos.

Segundo informou o Instituto Armado, no marco da ‘Operación Zona Cero‘ detivo a tres persoas de nacionalidade española e marroquí de 23, 26 e 32 anos, veciños das localidades de Foz, Ribadeo e O Valadouro.

Os detidos están considerados como presuntos integrantes dun grupo criminal dedicado ao roubo con forza en polo menos 25 vivendas e locais comerciais na Mariña e occidente de Asturias.

No rexistro dos domicilios dos detidos os axentes recuperaron numerosos obxectos como televisores, maquinaria, ferramentas, motores e outros efectos relacionados cos feitos delituosos investigados.

A INVESTIGACIÓN SEGUE ABERTA

A operación, coordinada polo Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro, continúa aberta e non se descartan novas detencións “en datas próximas”. Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...