Os TES da Mariña critican que o 061 atribúa á medicalizada “a prioridade” dos traslados entre hospitais

Os traballadores lembran que "o 70%" dos servizos que fai a UVI móbil ubicada en Foz son "primarios"

Ambulancia medicalizada da zona de Vigo. AXM

O Técnicos de Emerxencias Sanitarias (TES) da Mariña Lucense responderon o pasado sábado ao 061 Galicia, que aludiu a que co novo modelo de contratación do transporte urxente sanitario terrestre, “haberá catro ou cinco modelos” de ambulancias medicalizadas, sendo a prioridade do servizo ubicado en Foz “o traslado de pacientes a outros hospitais” e “atender o secundario das patoloxías que son tempodependentes“.

Os obreiros referíronse ás declaracións de José Flores, responsable do 061, que asegurou nunha entrevista no Faro de Vigo que a “prioridade” das ambulancias medicalizadas do Salnés, Monforte de Lemos e A Mariña son “os traslados entre hospitais de infartos ou ictus“.

Os técnicos lembran que “o 70%” dos traballos da Unidade de Vilixancia Intensiva (UVI) móbil da Mariña Lucense son “servizos primarios, como paradas cardiorespiratorias, accidentes de tráfico e laborais, hipoglucemias. Polos traslados en ocasións a ambulancia de servizo asistencial avanzado (SVA) non está para atender á poboación”, recalcan, para engadir que “este recurso leva nove anos prestando servizo”.

CRÍTICAS AO PP

Os técnicos de emerxencias da Mariña Lucense sosteñen que o Partido Popular (PP) engana á poboación “cando di que o Pesca II realiza traslados sanitarios“.

Os traballadores aseguran que a misión do helicóptero non é realizar traslados sanitarios nin atende emerxencias en terra. A súa misión é marítima e realiza ocasionalmente rescates en terra en lugares de difícil acceso pero sempre con apoio de 061, xa que non dispón de médico“.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here