InicioSucesosDous detidos en Ribadeo por pagar con billetes supostamente falsos na Maruxaina...

Dous detidos en Ribadeo por pagar con billetes supostamente falsos na Maruxaina e San Martiño

Os arrestados, un mozo de 21 anos e un menor, quedaron en liberdade con cargos tras pasar a disposición xudicial

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Garda Civil detivo en Ribadeo un veciño de 21 anos de idade e un menor como supostos autores dos delitos de falsificación de moeda e de estafa.

Segundo informou o corpo militar, os feitos tiveron lugar durante a Maruxaina de San Cibrao, cando se tivo coñecemento de que uns mozos pagaran en varias ocasións en establecementos situados na zona de festa con billetes de 50 euros, supostamente falsos.

No momento da súa detención, levaban dous deses billetes, así como a cantidade de 170 euros noutros de 20, 10 e cinco euros.

De inmediato, iniciouse a investigación policial na que se constatou que tamén foran utilizados billetes iguais nas festas patronais de San Martiño de Mondoñedo, en Foz.

APROVEITABAN AS AGLOMERACIÓNS

Segundo confirmaron desde a Garda Civil, os billetes intervidos contan coa mesma numeración e presentan un gran parecido cos de curso legal, aínda que o tacto, a carencia de todos os sistemas de seguridade e unha lenda, disimulada nun lateral, certifican a súa falsidade.

Os axentes tamén informaron do modus operandi dos delincuentes, que aproveitan as aglomeracións e os momentos de maior apuro no sector hostaleiro para pagar unha consumición cun billete de 50 euros falso, recibindo a cambio entre 40 e 45 euros en billetes e moedas de curso legal.

INVESTIGACIÓN ABERTA

Os detidos quedaron en liberdade con cargos tras prestar declaración xudicial. A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...