A FCAM pide un plan de emprego para solventar a carencia de socorristas

O colectivo de comerciantes solicitará por primeira vez un programa de inserción laboral, cun importe de 250.000 euros e que inclúe traballo para 35 persoas de sete municipios

Á esquerda, o delegado territorial de ABanca, Carlos Teijeiro, e o presidente da FCAM, José Carlos Paleo. AXM

A Federación de Comercio A Mariña (FCAM) acordou solicitar un programa integral de emprego (PIE) por importe de 250.000 euros, no que estarán implicados os comerciantes, a industria e os autónomos. É a primeira vez que a agrupación solicita un plan de inserción laboral, que formará a 100 persoas e ofrecerá un traballo durante uns meses a 35 dos participantes.

A directiva do colectivo, formado por oito asociacións empresariais de sete concellos mariñaos, resalta que a iniciativa conta co respaldo “dos 900 asociados e asociadas e co apoio de ABanca para as obrigas financieiras”. O PIE beneficiará así aos municipios de Foz, Ribadeo, Burela, Xove, Viveiro, O Vicedo e LourenzáO obxectivo é a inclusión das persoas desempregadas, ao tempo que se potencia o turismo coa consolidación de mellores profesionais.

Un dos principais obxectivos da FCAM coa iniciativa e solventar o problema da escaseza de socorristas. “Os Concellos están a ter moitos problemas para atopar profesionais que traballen durante o verán no nosos areais. E pensamos que é preciso buscar solucións”, sinala a directiva do colectivo de empresarios.

no proxecto contémplase a realización de cursos formativos específicos, como o de vixiante en espazos acuáticos naturais

Así, no proxecto inclúese a realización de cursos formativos específicos, orientados a prácticas profesionais e posterior inserción laboral adaptadas ás demandas dos participantes e do sector empresarial da zona, que neste caso establece como prioritario o curso con certificado de profesionalidade: socorrismo en espazos acuáticos naturais.

COMERCIO

Ademais, o plan de emprego ofrecerá formación orientada ao comercio, en idiomas, informática e novas tecnoloxías. Traballarase sobre a elaboración dun Wiki, as posibilidades de YouTube ou a creación dun SITE en Google.

SECTOR AGROALIMENTARIO

O plan tamén tentará satisfacer a crecente demanda do sector agroalimentario, con teleformación e con aprendizaxe teórica e práctica, con períodos formativos nas empresas. Tamén se darán a coñecer alternativas para o autoemprego no rural.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here