Foz pide máis socorristas á Xunta tras contratar o concello a 14

O alcalde critica que a Xunta non aclara se o concello é beneficiario da subvención para a contratación de socorristas.

Posto de vixiancia. EUROPA PRESS

O concello de Foz solicita á Xunta a concesión da subvención para a contratación de socorristas, tendo en conta que se trata de algo “urxente”.

O alcalde, Fran Catojo, critica que a Xunta non aclara se o concello é beneficiario da subvención para a contratación de socorristas e que ata o de agora só recibiron “unha notificación na que se nos autoriza a iniciar trámites, pero sen resolver a concesión da subvención”.

O alcalde destaca que “o concello de Foz fixo os deberes e sacou con fondos propios unha convocatoria de 14 socorristas, o maior esforzo económico feito nunca. Debemos ser responsables e mirar nas datas que estamos, o verán non se pode retrasar“. Recorda ademais anos anteriores, pois no 2017 financiáronse 16 socorristas e as resolucións saíran en maio, mentres que no 2020 só 6, o que crea dúbidas acerca das subvencións deste ano. 

Para Fran Catojo “a parálise adminitrativa da Xunta está xerando unha problemática terrible. O verán está aí e necesitamos servizo de salvamento nas praias”. A esta denuncia tamén suman o exemplo da bolsa de interinos de carácter nacional, “persoal que non é suficiente para cubrir baixas e outras continxencias”, como apunta o alcalde.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here