Foz crea a figura do auxliar de apoio para axudar aos socorristas nas súas tarefas

A falta de vixiantes da praia titulados fixo que o concello tomara a iniciativa de crear esta profesión para animar á xente nova a gañar uns ingresos durante o verán.


O Concello de Foz ultima o servizo de socorrismo nas praias, que comezará o día 1 de xullo, con doce socorristas titulados admitidos, incluído o xefe de salvamento. O alcalde, Fran Cajoto, valora positivamente o interese pola convocatoria, pero lamenta a escaseza de socorristas titulados, o que dá como resultado que quedaron vacantes dúas prazas das catorce ofertadas.

Dado que a Xunta só financia 6 socorristas e no Concello de Foz non encontraron máis demandantes que tiveran a titulación decidiron crear a figura de auxiliar de apoio. “Desde mañá, venres 25, está aberta a convocatoria de 7 prazas de auxiliar de praias, que servirán de apoio aos socorristas titulados nas súas tarefas. Cremos que é un posto de traballo ao que poden optar moitas rapazas e rapaces novos, que lles guste o deporte e que queiran ter unha saída laboral durante o verán para obter uns ingresos fóra da tempada de estudos” comenta o alcalde.

O rexedor municipal tamén recorda que está aberta a nova convocatoria para dúas prazas de auxiliar sanitario. “Requírense títulos de primeiros auxilios ou equivalentes. Buscamos o mellor dos servizos nas nosas praias”, rematou Cajoto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here