Foz acollerá 40 nenos nun minicampamento que une natureza e cultura

O minicampamento "A conquista de Foz II" enmárcase na campaña de verán Coñece Galicia da Xunta


Corenta nenos e nenas de entre 10 e 14 anos participarán no minicampamento A conquista de Foz II. Farano en dúas quendas, cunha primeira que remata o 16 de xullo e unha segunda que se desenvolverá entre o 23 e o 27 de agosto.

A conquista de Foz II enmárcase dentro dos minicampamentos Coñece Galicia, campaña de verán que a Consellería de Política Social ofrece á mocidade alega. Rapaces galegos poden participar nestas actividades de lecer consistentes en estadías curtas de cinco días de duración con aloxamento en establecemetos hoteleiros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou na mañá do 15 de xullo a primeira quenda do minicampamento en Foz, no que os rapaces poden desfrutar de actividades de deporte en contacto coa natureza, obradoiros medioambienais ou teatro. Ademais, tamén coñecerán o patrimonio cultural de Foz cunha ruta polo Castro de Fazouro. Na súa visita, Arias salientou que estas actividades “axudan a dinamizar a actividade do sector do turismo, un dos máis prexudicados pola pandemia”.

No conxunto de Galicia, este verán a Xunta oferta 600 prazas de minicampamentos. En concreto, na provincia de Lugo tamén se ofrecen en Monforte, Cervantes, Proba do Brollón, e no Folgoso do Courel, o que suman 180 prazas en quendas de 20 rapaces.

A esta oferta súmanse os campos de voluntariado e os campamentos, enmarcados dentro do programa o verán que mereces, que este ano chegará a 7.800 beneficiarios.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here