InicioCulturaFoz, Burela, Viveiro e Ribadeo ofrecerán actuacións escénicas para desfrutar do sector...

Foz, Burela, Viveiro e Ribadeo ofrecerán actuacións escénicas para desfrutar do sector cultural galego

É o concello de Lugo no que máis espectáculos haberá. Burela, Ribadeo e Viveiro tamén contarán con diversas funcións.

Publicada o

- Advertisement -

A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) ofrece para o segundo semestre de 2021 un total de 46 actuacións escénicas de 35 compañías en seis municipios lucenses. A programación, cofinanciada pola Xunta de Galicia, mobiliza unha inversión en contratacións de máis de 146.000 euros. Na provincia están adheridos a este circuíto de distribución de espectáculos promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade os concellos de Lugo, Ribadeo, Burela, Monforte de Lemos, Foz e Viveiro.

Ao longo do primeiro semestre programáronse outros 55 espectáculos nestes municipios. Pese a que as restricións sanitarias obrigaron a adiar numerosas citas en toda Galicia, a gran maioría foron reprogramadas dentro do mesmo período e outras foron trasladadas para este segundo tramo.

Ao respecto, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou a importancia desta iniciativa “que axudou a manter a actividade cultural mesmo nos meses máis complexos, para beneficio do sector e, sobre todo, dos cidadáns que a puideron disfrutar de forma segura”.

CARTELEIRA

A práctica totalidade dos colectivos artísticos contratados proceden de Galicia e, por xéneros, o teatro familiar e para adultos é o que rexistra maior presenza, aínda que tamén se ofertan música, danza, novo circo e maxia.

A Sala Bahía de Foz abre o 16 de xullo a programación do segundo semestre con Galitoon e o espectáculo The show moscón. Esta sala acollerá 16 espectáculos ata decembro. O auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo programa 13 actuacións dentro do circuíto.

No Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo prográmanse catro espectáculos, outros tantos no Edificio Multiusos de Monforte de Lemos, tres na Casa da Cultura de Burela e seis no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, que pechará a programación o 28 de decembro coa actuación do Mago Rafa.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...