Foz énchese de libros a partir deste xoves

Estarán presentes cinco librerías, unha editorial e 15 autores que asinarán libros.

Unha usuaria, recollendo un libro. CEDIDA

Foz é a seguinte parada da XXXVI edición da Feira do Libro. Co título xenérico de Libros no Camiño, que da nome ás Feiras do libro deste ano 2021 lembrando a celebración do Ano Xacobeo, deste este xoves día 19 de agosto, ata o domingo día 22 de agosto, a Praza Conde Fontao, será o epicentro da cultura na Mariña.

A de Foz é a undécima das doce Feiras que se van celebrar ao longo da xeografía galega ata finais deste mes de agosto. Nesta ocasión ademáis da pregoeira destes días de libros e literatura en Foz, Marilar Aleixandre, estarán máis de 15 autoras e autores presentando e asinando as súas obras e encontrándose coas súas lectoras e lectores no recinto da feira ao longo destes catro días.

É unha ocasión por tanto excepcional, tanto para achegarse ás autoras e autores que coñecemos e gostamos, como para descubrir outros novos”, indican desde a organización nun comunicado.

Son cinco as librarías que se darán cita na Praza Conde Fontao: Libraría Cortizas, Libraría Pedreira, Libraría Aguirre-Lugo, Libraría Bahia e Libraría AENEA, ademáis estará presente a Editorial Planeta. Con elas estará tamén a Deputación de Lugo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here