Foz celebrará o Día da Bici adaptando as celebracións á situación sanitaria

A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentou hoxe unha edición especial do Día da Bici. "Non poderemos realizar algunhas actividades clásicas deste día, pero adaptámonos ás circunstancias actuais".

Día da bici 2021

Este domingo, 19 de setembro celebrarase o Día da Bici. A pesar da situación epidemiolóxica, o goberno local quere volver a gozar dunha xornada familiar na que pais e nais pasean en bici cos nenos e nenas.

A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentou hoxe unha edición especial do Día da Bici. “Non poderemos realizar algunhas actividades clásicas deste día, pero adaptámonos ás circunstancias actuais”.

A inscrición previa será obrigatoria e poderá realizarse mediante o correo electrónico: bici@concellodefoz.es ou a través dos perfís do Concello nas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram). Tan só deberán remitirse os seguintes datos ata o 18 de setembro: nome e apelidos, data de nacemento e teléfono.

A saída será ás 11:30h desde a explanada do porto, a onde voltaremos despois de dar un agradable paseo pola zona das praias. Será obrigatorio o uso de máscara e do casco. Sortearase unha bici e publicarase o nome do gañador/a nas redes sociais.

A concelleira agradece a colaboración de Policía Local, Protección Civil, Club Ciclista e Motos Baltasar, sen os que non sería posible a celebración deste evento.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here