InicioCentralFozFoz entra en nivel medio de alerta polos gromos en centros escolares

Foz entra en nivel medio de alerta polos gromos en centros escolares

Non poderá gozar da relaxación de aforamentos anunciada pola Xunta.

Publicada o

- Advertisement -

Os brotes en centros educativos levaron ao comité clínico que asesora á Xunta na toma de decisións da pandemia a situar en nivel medio de restricións aos concellos de Foz e O Barco de Valdeorras. Pola súa banda, a melloría de Monforte de Lemos coloca, desde o sábado, a este municipio lucense no nivel medio baixo, o máis laxo en medidas de restrición.

A decisión do comité clínico, comunicada en declaracións aos medios este mércores polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tamén inclúe unha melloría de aforamentos para todas as actividades en xeral, salvo as que implican quitarse a máscara.

Isto é, todos os eventos, reunións e actos culturais en interiores poderán realizarse sen límite de persoas –máis aló da distancia de 1,5 interpesonal– e cun aforamento máximo do 75 por cento, salvo no nivel máximo de restricións, que será sen límite de persoas pero ao 50 por cento.

“A incidencia acumulada baixa e baixa rapidamente, pero debemos seguir coas normas de prevención”, manifestou Comesaña, quen lembrou o uso da máscara, a hixiene de mans e a distancia social como elementos primordiais para a seguridade fronte á covid.

Nas actividades deportivas, os grupos máximos pasarán de seis a dez como máximo, mentres que nos eventos deportivos e espectáculos haberá un máximo de 50 e 75 por cento de aforamento, sen límite de persoas, en función do nivel. Nos concertos ao aire libre cando sexan de pé, o máximo de persoas será de 5.000 en agrupacións de 500. En cada unha das parcelas desas 500, non poderá superarse o 33 por cento do espazo de cada unha.

Finalmente, segundo informou Comesaña, as agrupacións de persoas nos centros cívicos sociais tamén pasarán de máximo de seis a un límite de dez. En definitiva, Galicia “queda cunha capacidade xeral do 75 por cento”, tendo en conta que non hai ningún concello que se atope no máximo de restricións. Os grupos amplíanse de forma xeral a un máximo de dez persoas, unha semana despois de que se levantaron restricións no ámbito privado.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...