InicioCentralFozCajoto sobre o foco dunha escola de Foz: "É o único, esperamos...

Cajoto sobre o foco dunha escola de Foz: “É o único, esperamos que se estabilice”

"Temos que pedir precaución, o uso da máscara e distanciamento social. As aulas burbulla funcionan, así que as medidas están para cumprirse porque se ve que serven", demandou

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, confiou en que se “estabilice” o foco que afecta a 50 veciños do concello, a maioría alumnos de educación infantil do colexio do Cantel. De feito, este foco levou a que o comité clínico sitúe ao municipio mariñán nun nivel medio de restricións, a partir do sábado.

O alcalde confirmou que “o foco está concentrado nese colexio de educación infantil e primaria e todo o que leva asociado –pais, e algún irmán que non pertence a ese centro–“. “Afortunadamente ese é o único foco, esperamos que se estabilice“, incidiu.

Este municipio é o único da provincia de Lugo –só hai dous en toda Galicia– que se incorpora ao nivel medio de restricións. Cajoto indicou, no entanto, que “aínda que as limitacións soben, non teñen unha gran incidencia na vida normal”. “Pero si temos que ser conscientes de que un aumento a outro nivel de restricións si que sería moi prexudicial”, sinalou.

“Temos que pedir precaución, o uso da máscara e distanciamento social. As aulas burbulla funcionan, así que as medidas están para cumprirse porque se ve que serven”, demandou.  O alcalde de Foz calcula que son “sobre 50” os contaxiados, a maioría “están con sintomatoloxía, pero non é grave e esperamos que siga así”.

No colexio permanecen catro aulas pechadas, con todo Cajoto asegurou que “segue en funcionamento”, porque “as medidas funcionan e o virus concéntrase nesas aulas”. “Esta variante (da covid) transmítese con máis facilidade”, lembrou, finalmente,

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...