InicioCentralFozAciaFozCCAA e Concello patrocinan o segundo concurso Nenos e Maiores convocado polo...

AciaFozCCAA e Concello patrocinan o segundo concurso Nenos e Maiores convocado polo centro de día Aloumiños

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, agradece “estas iniciativas nas que os nenos se achegan aos maiores e se fomentan relacións que coa pandemia se viron moi afectadas.

Publicada o

- Advertisement -

O Centro de Día Aloumiños convoca o 2º Concurso Nenos e Maiores, que patrocinan AciaFozCCA e o Concello de Foz. O Certame foi presentado por José Ramón Rodríguez, coordinador de Aloumiños, Inés López Couto, concelleira de Cultura e José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA.

A organización establece dúas categorías. A individual, para rapazas e rapaces de 6 a 16 anos, que poderán presentar un debuxo ou un relato a elixir. A temática será E ti de pequeno… que facías?. Para obter esa resposta os participantes deberán facerlle esa pregunta a unha persoa maior da familia ou dos veciños e veciñas. E a especial para rapaces e rapazas de 6 a 16 anos xunto a unha persoa maior de 65 anos. O traballo a realizar, con temática libre, pode ser unha manualidade feita polos dous (nen@ e maior).

José Ramón Rodríguez lembrou que “o obxectivo deste concurso é fomentar a relación interxeracional entre nenos e maiores, para que vexan o que poden aportar avós, tíos e veciños ou ao revés, os nenos tamén poden aportar aos maiores”.

Haberá varios premios, pero o coordinador de Aloumiños, destaca un: “ non polo valor do premio, senón porque o compartirán nenos e maiores. Será a merenda que gañarán os tres primeiros da categoría especial”.

Aloumiños, Concello de Foz de AciaFozCCAa animan “a todas as nenas e nenos de 6 a 16 anos de calquera vila da Mariña a participar no concurso”. O prazo de presentación de traballos remata o 5 de novembro. O 18 dese mes coñecerase o nome dos gañadores e o 27 será a entrega de premios na Casa da Cultura de Foz a partir das cinco da tarde. “Aprendemos todos os días dos nosos avós e avoas, veciños e coñecidos e pasar tempo con eles incrementa esa aprendizaxe, mellorando tamén a calidade de vida deles”.

A concelleira focense anima “aos nenos e nenas a participar no concurso e desfrutar moito do tempo que pasan cos maiores”. Pola súa banda, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñou que “nos parece moi interesante que se organicen concursos e outras actividades para fomentar a conversa e as relacións entre cativos e maiores. É moi importante escoitarse, quedarse coas lembranzas e coas vivencias de toda unha vida. É moi bo que os nenos escoiten aos maiores e que os maiores desfruten tamén dos nenos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...