Alumnos do IES de Foz realizan prácticas en Lisboa cunha bolsa ERASMUS

Os tres finalizaron a súa formación no ciclo medio de Cociña e realizan esta formación práctica logo de recibiren os seus títulos recentemente.


Tres alumnos do IES de Foz están realizando parte a súa formación práctica en Lisboa. Concretamente son Doroteia Tavares, José Carlos García e Alfonso Díaz Seronero, que están traballando no restaurante Bairro do Avillez, da capital portuguesa.

Os alumnos focenses están realizando estas prácticas grazas a unha bolsa do programa Erasmus da UE. Os tres finalizaron a súa formación no ciclo medio de Cociña e realizan esta formación práctica logo de recibiren os seus títulos recentemente.

A vicedirectora e coordinadora de proxectos europeos do IES de Foz, a profesora Leticia Maseda, destaca que “este restaurante é propiedade de José Avillez, importante chef portugués con establecementos en todo Portugal e Dubai”.

Segundo o IES de Foz a experiencia está sendo satisfactoria para o alumnado, que está aprendendo a elaborar pratos típicos da gastronomía portuguesa ademais de coñecer a capital lusa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here