InicioCentralFozNova edición das charlas médicas en Foz impatidas por especialistas da sanidade

Nova edición das charlas médicas en Foz impatidas por especialistas da sanidade

A concelleira de Sanidade, Transparencia e Innovación, Kathy Alonso.e “nuns tempos nos que estamos a poñer tanto en valor a importancia da saúde, consideramos moi interesante continuar coa organización destas charlas”.

Publicada o

- Advertisement -

Foz acolle unha nova edición do ciclo de charlas médicas que organizan o Concello e o Hospital Público da Mariña. Serán os días 10, 18 e 24 de mes na Casa da Cultura focense e foron presentadas hoxe polo alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Sanidade, Transparencia e Innovación, Kathy Alonso.

A concelleira explica que “estas charlas, xa celebradas en anos anteriores, tocarán importantes temas de actualidade impartidas por diferentes especialistas. Comezarán este mércores, día 10, coa exposición do xinecólogo Antón Castro López, que falará de Actualización do cancro de mama”.

As charlas continuarán o xoves 18 co nefrólogo Secundino Cigarrán cunha charla sobre Fomento da vida saudable por medio da dieta atlántica. E finaliza o mércores 24 o médico de familia José Luis Fernández co tema Xestos sanadores. Poderán disfrutar destas interesantes exposicións na Casa da Cultura, as tres xornadas ás 20:00 horas.

Kathy Alonso engadiu que “nuns tempos nos que estamos a poñer tanto en valor a importancia da saúde, consideramos moi interesante continuar coa organización destas charlas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...