InicioCentralFozMáis de 80.000 euros para a mellora de viais e conectividade no...

Máis de 80.000 euros para a mellora de viais e conectividade no rural de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, engade que “o financiamento das obras corre a cargo do Plan Único 2021 da Deputación de Lugo e enmárcanse dentro do programa Conecta ".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia a adxudicación á empresa Carferlo SLU da mellora do firme e limpeza de cunetas de distintos viais na zona rural por un importe de 84.458 euros.

O rexedor municipal explica que “o contrato licitouse en 93.740 euros e a baixa de adxudicación reverterá na mellora doutros viais no rural que se encontran en mal estado, tal e como vimos facendo desde que temos a responsabilidade de goberno”. P

Fran Cajoto engade que “o financiamento das obras corre a cargo do Plan Único 2021 da Deputación de Lugo e enmárcanse dentro do programa Conecta Rural, no que o Concello segue a traballar: a fibra óptica é unha realidade en todas as parroquias, o cal era impensable hai só 2 anos”.

Nestes momentos estanse asfaltando camiños públicos de acceso a vivendas que a día de hoxe aínda están en terra, como o barrio de Brea, en Nois, ou distintas actuacións que estamos executando nestes momentos en Cangas, Nois e Vilaronte. Está pendente mellorar a cobertura de telefonía móbil en distintas zonas, pero vamos avanzando. “Estamos procurando que os servizos nas parroquias se vaian aproximando aos que existen no casco urbano”.

O alcalde de Foz especifica que “este proxecto adxudicado agora céntrase no aglomerado en quente e limpeza de marxes e cunetas en distintos viais públicos, incluíndo a sinalización e pintado”.

Cajoto engadiu que tanto no núcleo urbano como nas zonas rurais queda moito por facer, pero con estes traballos faltará algo menos. As obras realizaranse nos seguintes camiños: en Fazouro, na zona da Rúa e no Morgallón; en Nois, o camiño de acceso ao porto e na zona do apeadoiro; en Marzán, na rúa de Francia e na da Báscula; en Vilaxoane, no camiño de Mansín; e en Santa Cilla continuarase o aglomerado dun vial no Chao e tamén en Vilacizal ata a capela do Carme”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...