InicioCentralFozConcentración en Foz este xoves para conmemorar o 25N, Día Internacional contra...

Concentración en Foz este xoves para conmemorar o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A concelleira Ana Rojo “dende a Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Foz lanzamos este ano a campaña Foz non cala ante a violencia de xénero, sumándose así á conmemoración do 25N".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz organiza unha concentración para o 25N Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero. Ademais tamén colabora nun taller destinado a pais e nais, que terá lugar o domingo 28.

A concelleira Ana Rojo “dende a Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Foz lanzamos este ano a campaña Foz non cala ante a violencia de xénero, sumándose así á conmemoración do 25N“. O obxectivo destas accións é concienciar á poboación da importancia dunha educación en igualdade, respectuosa e afectiva, anunciou a concelleira Ana Rojo.

A concelleira engadiu tamén que o Concello vén de colaborar cos nenos e nenas e a Anpa do colexio N° 1 “coa temática do día 25N o alumnado de cada curso plasma a modo de debuxos a denuncia e rexeite desta lacra, destacando unha convivencia afectiva e respectuosa”. Os traballos están expostos en comercios de Foz e parte deles poderán verse nun photocall que se instalará diante da Casa do Concello.

Dentro da colaboración coa Anpa do colexio Nº 1 está tamén o taller de pais e nais que se impartirá, por parte de Benita Martínez García, co título A sexualidade na infancia e na adolescencia. Será na Casa da Cultura o próximo domingo ás 17:30 horas. A intención é que cada ano se sumen 1 ou 2 colexios, visualizando así os rapaces, “que son o futuro desta sociedade”. Destaca tamén, dentro desta programación, “o spot que desde o luns ata o venres se está a emitir na TVG e onde se reflexan as mulleres do noso concello”.

Ana Rojo agradece “aos nenos e nenas e a Anpa do colexio Nº 1 a dispoñibilidade e colaboración nesta importante causa” e deu a coñecer tamén que “este xoves, día 25, ás 19:30 horas na Praza do Concello haberá unha concentración con ofrenda ás vítimas de violencia machista, onde se procederá á lectura dun manifesto e gardarase un minuto de silencio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...