InicioCentralFozAberto o prazo en Foz para presentar solicitudes de axudas ao transporte...

Aberto o prazo en Foz para presentar solicitudes de axudas ao transporte escolar

O prazo de presentación de solicitudes, de 20 días hábiles, dará comezo mañá, venres día 3 de decembro, e para calquera dúbida os interesados poderán consultar co administrativo da Escola Municipal de Música en horario de 9 a 13 horas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz anuncia a apertura do prazo de presentación das solicitudes para as axudas ao transporte escolar do curso 2020-2021.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “terán dereito a unha axuda de 200 euros para compensar o gastos realizados en transporte aqueles estudantes empadroados en Foz menores de 30 anos e cunha renda per cápita familiar igual ou inferior ao 150% do IPREM, ata esgotar os 10.000 euros orzamentados polo Concello”.

Os estudantes deberán aportar unha acreditación que certifique que se presentaran como mínimo ao 50% das materias matriculadas. O Concello de Foz quere facer unha achega para aquelas familias con menos recursos para que os seus fillos podan estudar. Non se reduce a estudos universitarios senón que tamén poderán obter a axuda todos os que cursaran un bacharelato ou ciclo formativo que non estea dentro da oferta do IES de Foz, incluso tamén alumnos de conservatorios de música.

O prazo de presentación de solicitudes, de 20 días hábiles, dará comezo mañá, venres día 3 de decembro, e para calquera dúbida os interesados poderán consultar co administrativo da Escola Municipal de Música en horario de 9 a 13 horas. As solicitudes poderán presentarse vía telemática ou presencial tanto no rexistro do Concello como na propia Escola Municipal de Música.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...