InicioCentralFozFoz e a XX Festa do Chícaro acollerán unhas xornadas grastronómicas co...

Foz e a XX Festa do Chícaro acollerán unhas xornadas grastronómicas co berberecho de protagonista

O concelleiro Chema Linares engade que desde o Concello queren transmitir “o apoio constante a todos os establecementos de hostalería e ao comercio, que veñen de pasar malos tempos, por exemplo con cancelacións de moitas ceas en Nadal".

Publicada o

- Advertisement -

Foz celebrará a vixésima edición da Festa do Chícaro o día 29 deste mes, sábado, cunhas xornadas gastronómicas dedicadas ao berberecho en 17 establecementos hostaleiros e ambientación musical nas rúas. Na presentación participaron o alcalde, Fran Cajoto, os concelleiros Chema Linares e Javier Fraga e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) de Foz e do Centro Comercial Aberto focense, José Carlos Paleo.

O edil de Turismo, Comercio e Actividades Económicas, Chema Linares, anunciou: “o Concello de Foz en colaboración coa ACIA-Centro Comercial Aberto organizamos o sábado 29 unha xornada de exaltación do chícaro. Este ano a situación da pandemia nos momentos actuais, con esta sexta onda, impídenos celebrar esta festa como se facía anteriormente, pero queremos seguir mantendo a tradición á espera de que veñan tempos mellores. E aprazamos esta festa unha semana dado que as indicacións dos expertos sinalan que a finais de xaneiro está sexta onda irase reducindo. Esperamos que isto sexa así e que nos próximos meses podamos desenvolver outras actividades que temos programadas de forma moito máis normal”.

Chema Linares explica que “aínda que os contaxios en Foz aumentaron son bastante menores que noutros concellos da nosa contorna e iso é debido ao bo comportamento dos veciños e ao cumprimento das normas sanitarias. Pero temos que seguir mantendo todas as medidas sanitarias, como o uso da máscara, a separación, grupos reducidos, etcétera”.

Linares engade que desde o Concello queren transmitir “o apoio constante a todos os establecementos de hostalería e ao comercio, que veñen de pasar malos tempos, por exemplo con cancelacións de moitas ceas en Nadal. Por tanto debemos ser todos solidarios e desenvolver unha vida o máis normal posible. Por iso animamos aos veciños para saír á rúa, a consumir este molusco que é de longa tradición no noso concello e a comprar no comercio; iso si, cumprindo sempre todas as medidas sanitarias. Trátase de seguir traballando en apoio do sector hostaleiro e comercial con esta iniciativa e con outras campañas que se irán desenvolvendo ao longo do ano en colaboración co ACIA-Centro Comercial Aberto”.

O concelleiro de Turismo rematou comentando que o Concello vai animar ese día 29 de xaneiro con diversas actuacións musicais polas rúas de Foz. As xornadas gastronómicas celebraranse nestes establecementos hostaleiros: O Muelle Bar, A Rambla-Pachán, Cafetería Pastelería Anduriña, Xoyma, Portochico, Restaurante Dandy, O Lar, Casa Damián, Pizzería Xoíña, Restaurante Xoíña, As Brasas, Espacio Machete, Tangarte, Augas Santas, Namarinos, A Viela e O Descanso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...