InicioCentralFozOs socialistas de Foz aproban a súa nova executiva por aclamación

Os socialistas de Foz aproban a súa nova executiva por aclamación

Fran Cajoto, novo Secretario Xeral, o obxectivo principal é "reforzar a formación para dar un novo impulso ao proxecto de goberno, buscando a mellor xestión para as veciñas e veciños de Foz".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde Fran Cajoto colle o relevo como Secretario Xeral de Chema Linares, que tamén forma parte da nova executiva. O PSdeG-PSOE de Foz celebrou este domingo 6 de marzo a Asemblea onde se renovou a executiva local por aclamación de todos os asistentes.

Segundo palabras do alcalde Fran Cajoto, novo Secretario Xeral, o obxectivo principal é “reforzar a formación para dar un novo impulso ao proxecto de goberno, buscando a mellor xestión para as veciñas e veciños de Foz”. “As compañeiras e compañeiros fixeron posible un grande apoio a este proxecto no ano 19, que trouxo unha moi necesaria estabilidade ao noso municipio e que permitiu desenvolver un programa de futuro, serio e comprometido no que a pesar do difícil contexto sanitario que nos tocou afrontar xa estamos vendo froitos moi importantes”.

Segundo o PSdeG-PSOE de Foz a pretensión deste novo período que comeza é potenciar o traballo, honesto e con rigor, da anterior executiva encabezada por Chema Linares.

“Somos un partido aberto e queremos que máis persoas se sumen a el. Mellorar a vida dos cidadáns so é posible cun gran equipo, teño que agradecer a todos os compañeiros e compañeiras que forman parte da nova executiva o seu esforzo. Máis persoas se sumarán para axudarnos, nótase a implicación e as gañas”, remarca Fran Cajoto.

A executiva encabezada por Fran Cajoto como Secretario Xeral está reforzada no plano político por Carlos García , Vicesecretario Xeral e responsable de Proxecto Político e Acción Electoral.

María Luisa Piñeira Núñez, da que destacan a gran capacidade de traballo, continúa como Secretaria de Organización e ocuparase tamén das áreas de Administración, Educación e Saúde. José María Linares Rodríguez pasa a ser Secretario de Facenda, Turismo e Cultura e Jesús Hermida Carracedo Secretario de Política Municipal, Deporte e Xuventude. Completan a executiva Ana Matea Rojo Eijo, Secretaria de Igualdade, Benestar e Dependencia; Javier Fraga Fernández, Secretario de Medio Rural, Medio Ambiente e Transición Ecolóxica; Vanina Cabrera Sánchez, Secretaria de Emprego e Comercio; María Nelly Castro Neira, Secretaria de Xubilados e Pensionistas e José Ramón Villarino Neira, Secretario de Pesca e Patrimonio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...