InicioCentralFozO Entroido de Foz, un bafo de ilusión tras dous anos de...

O Entroido de Foz, un bafo de ilusión tras dous anos de pandemia

O desfile da vila focense congregou a máis de 1.400 participantes que desfilaron durante máis de tres horas polas súas rúas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz deu un paso de xigante para conseguir que unha das súas festas máis emblemáticas, o Entroido, logre ser recoñecido de interese turístico galego. Nun ano moi difícil, onde o covid marcou os tempos e houbo pouco marxe de manobra, a localidade demostrou que o ímpetu dos focenses e as súas ganas de festa non hai pandemia que os tombe.

Cun día espectacular, no que o sol se aliou cos mariñáns e cos disfraces máis concisos, o porto volveu ser o punto de encontro e reencontro, aínda que se botou de menos a algúns e outros substituíron as súas espectaculares carrozas por outras máis discretas. O que non faltou foi o bo humor e o enxeño, claves para o éxito dunha festa.

A 40ª edición do desfile foi un éxito. A vila focense, tras o parón pola pandemia do covid-19 congregou a uns 1.400 participantes – segundo a organización- que desfilaron durante máis de tres horas polas súas rúas nunha tarde de sábado asollada mentes centos de persoas animaban e aplaudían as súas coreografías.

Tras meses de preparativos e de ensaios, o sábado 26 de febreiro saíron a desfilar comparsas, carrozas… do mesmo municipio e doutros. Malgaste de cor nas rúas, música, bo humor… desde o inicio do percorrido no peirao ata o Campo da Cabana.

PREMIOS

Os máis de 7.000 euros en premios entregáronse de madrugada entre os participantes que competiron no desfile e que máis votos recibiron do xurado. Na categoría individual adulto gañaron Xira-Xira Xirasol (1º), Un ourizo con moita corda (2º) e Shinigami (3º).

En parellas adultos: Raíces sen fronteiras (1º), Volvoretas (2º) e Cafetereando (3º); en grupo adulto: Burricanas Vellas (1º), Tás que Pías (2º), Katuxada (3º), Pernas de Centiño (4º) e Vos Pepatouco (5º). En comparsas gañaron as Sen Xeito, seguidas, por esta orde, da Choca, Trouleiras, Ruxe Ruxe e Habelas Hailas.

RESTO DO PROGRAMA

Ademais do dito anteriormente do día grande do Entroido, houbo diferentes actividades outros días. O sábado 19 ás 15:00 horas foi a comida de coroación na que posteriormente ás 17:30 horas Roberto Gómez recibiu a coroa de Andrea García Mondelo.

Os actos continuaron o xoves 24 coa inauguración da exposición do Entroido no Cenima, que estará adicada aos Pé do Molete, e acto seguido ás 20:00 horas estreouse o documental conmemorativo do 40 aniversario do Entroido na carpa da Sala Bahía.

Posteriormente o venres 25, ás 20 horas foi a quenda do pregón e finalmente o domingo 27 e o martes 29 foron os días adicados aos nenos onde houbo xogos e inchables na carpa da Sala Bahía.

NOVIDADE NO DESFILE

Ás 17:00 horas daba comezo o desfile de Entroido, no que se repartiron máis de 7.000 euros en premios cunha especial novidade, a implantación dunha grada no inicio do desfile, no peirao.

Alí, o humorista da TVG, José Manuel Rodríguez Puente Isi, facía un acto de presentación de cada grupo. A entrada para estas gradas recolléronse na oficina de turismo do Concello de Foz (Cenima), e tiñan un prezo de tres euros para as persoas maiores de 12 anos e era gratuíta para os menores.

TOTAL NORMALIDADE E SEGURIDADE

Dende a comisión, Ángel Fernández despois do desfile mostrabáse moi ledo por cómo saíron as cousas. “Esperamos que este sexa o primeiro paso na recuperación das nosas vidas prepandemia“, apuntaba.

Ademais, tanto él coma o alcalde de Foz, Fran Cajoto deron as gracias a todo o persoal que participou na celebración do 40ª edición do Entroido máis a todo o público que cumpriron á perfección as medidas de seguridade desta celebración.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...