InicioCentralFozO PP de Foz reclama ao Concello que repare os desperfectos das...

O PP de Foz reclama ao Concello que repare os desperfectos das recentes no campo de fútbol de Malates

A concelleira popular Verónica Soto, sinala: “Unha vez máis temos que denunciar as chapuzas do señor Cajoto. Neste caso as obras que se fixeron na área de Deportes, que goberna o BNG, concretamente na zona de Malates".

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Foz reclama que o Concello realice reparacións despois das obras levadas adiante no campo de fútbol de Malates. Así o sinala a concelleira popular Verónica Soto, que demanda do goberno local “corrixir as deficiencias detectadas nas obras no entorno do campo de fútbol de Malates”.

Soto sinala: “Unha vez máis temos que denunciar as chapuzas do señor Cajoto. Neste caso as obras que se fixeron na área de Deportes, que goberna o BNG, concretamente na zona de Malates. Fixéronse varias obras a cargo da Deputación de Lugo, unha delas para colocar unha malla antivexetación no talude e aos poucos días xa está totalmente descolocada”.

A mesma concelleira asegura que “dá unha imaxe moi mala, de que as obras nin se fan correctamente nin son debidamente vixiladas polo equipo de goberno. O peor de todo é que se gastan cartos e non son eficaces”. Os populares, á vista da situación, piden “ao equipo de goberno que canto antes adopte as medidas necesarias para arranxar as deficiencias”.

Verónica Soto di: “Esta serie de obras tampouco convence especialmente á comunidade de usuarios do campo de fútbol de Malates, que se queixou, e así o trasladamos nun pleno. O equipo de goberno quería semillar nun dos laterais céspede, que probablemente necesitará mantemento e acabará descoidado, e despois podería semillar parte do campo artificial”.

Os populares apuntan que “aínda que os cartos sexan doutra institución, solicitamos ao alcalde que os administre ben, que non faga chapuzas e que canto antes repare os desperfectos que hai e que non debería haber”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...