A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións estivo no centro de saúde de Foz

A organización da UMAR estivo máis tempo do que calcularan ante a chegada dun alto número de persoas coas súas reclamacións.


A Unidade de Axuda coas Reclamacións colocou este martes unha mesa para que os veciños e veciñas de Foz presentasen as súas queixas sobre o estado e a atención no Centro de Saúde da vila mariñá.

As reivindicacións eran colectivas, segundo a organización da mesa da UMAR, e atinguían á cobertura de postos dos médicos de familia dados de baixa ou trasladados. Tamén se pedía a redución de horas de xornada dun médico de familia como da pediatra do centro.

Reclamouse tamén a cobertura do odontólogo que está de baixa e cuxas citas están sendo atrasadas até o día 5 de abril. Piden tamén unha matrona para o Centro de Saúde de Foz, “unha figura moi importante para atender a muller en todas as idades ademais de ser imprescindible para doenzas invisibilizadas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here