O alcalde de Foz ve unha “traizón” da Xunta que a fábrica de Altri non se instale na Mariña

"Aquí está o eucalipto, aquí está a materia prima. O normal sería pechar o ciclo produtivo onde está a materia prima, e ademais temos man de obra especializada", afeou Fran Cajoto.

FRAN CAJOTO (ALCALDE DE FOZ)

A localización de Altri en Palas de Rei que non gustou na Mariña, que confiaban en que a fábrica se instalase nesta comarca. Así o expresou o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto, que cualificou esta decisión dunha “traizón da Xunta de Galicia” cara á comarca.

“É unha traizón a unha promesa que fixo Feijóo, a un mandato do Parlamento galego que instaba a que preferentemente fora A Mariña a localización de Altri porque aquí está o eucalipto, aquí está a materia prima. O normal sería pechar o ciclo produtivo onde está a materia prima e ademais temos man de obra especializada”, afeou.

Cajoto anunciou que por parte da mancomunidade pedirán explicacións á Xunta de Galicia, por non acatar o mandato do Parlamento de Galicia que apostaba pola Mariña para o emprazamento de dita fábrica de fibras téxtiles que estará situada en Palas de Rei.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here