ACIAFOZCCA entregará 15 soldos das campañas dos Días do Pai e da Nai este luns 9 de maio

Ao acto asistirán o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, o xefe territorial de Economía e Empresa, Gustavo Casasola, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, e outras autoridades.


AciaFozCCA entregará os 15 soldos da campaña dos días do Pai e da Nai o vindeiro luns, 9 de maio, ás 20:30 horas na Casa da Cultura. Tamén recibirán os seus galardóns os gañadores da XVIII Ruta de Tapas, que se celebrou a pasada Semana Santa. Ao acto asistirán o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, o xefe territorial de Economía e Empresa, Gustavo Casasola, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, e outras autoridades.

O primeiro premio da décimo oitava Ruta de Tapas foi para Namarinos polo seu “nido de bacalao con guacamole y crujiente de cebolla”; o segundo premio recibirao Dandy polo seu “hojaldre de carrillera”; o terceiro premio será para Anduriña pola súa “piruleta de ternera gallega en tempura sobre crema de queso de San Simón y reducción de vino mencía” e haberá un premio especial para O Pelolo polo seu “huevo de codorniz a baja temperatura con espuma de patata, migas y botillo”. O xurado quixo recoñecer así a súa orixinalidade.

No acto que se celebrará o luns na Casa da Cultura focense AciaFozCCCA entregará os 15 soldos da campaña dos días do Pai e da Nai. Son en total 6.000 euros para consumir de xuño a novembro.

Os gañadores dos 5 soldos de 100 euros mensuais foron: Marta Fra, que mercou en Decoraciones Pura; Carmen Castro en La Flor Abulense; Antonio Peláez, en Librería A Rapadoira; Carmen Otero en Kukadas; e Vanesa Losa en Milar.

E os gañadores dos 10 soldos de 50 euros mensuais foron: Constantino Pérez, que fixo compra en Ofifoz; Montse Fernández en Decoraciones Pura; Carmen Fernández en Chinela Nenos; Mª Luisa Alonso en Kukadas; Dulce López en Lencería Esther; Rebeca Fernández en Mercería Vera; Tania Novás en Vas’s; Elisa Vilaseca en Ferretería Fuente; Manuela Otero en Milar; e Alicia Vázquez en Chuvia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here