InicioCentralFozO alcalde de Foz cualifica de moi grave que o PP queira...

O alcalde de Foz cualifica de moi grave que o PP queira boicotear proxectos da Deputación no concello

O concelleiro popular, Javier Castiñeira, presentou, no seu nome, un recurso xudicial contra a adxudicación das obras de acondicionamento dos aparcadoiros do cemiterio de Foz e do colexio Fondo Nois, poñendo os intereses do seu partido por diante dos veciños e veciñas de Foz.

Publicada o

- Advertisement -

O Alcalde de Foz, Fran Cajoto, móstrase completamente indignado porque o voceiro do Partido Popular no Concello e na Deputación, Javier Jorge Castiñeira, queira boicotear proxectos da institución provincial no municipio despois de ter coñecemento de que o concelleiro popular presentou, no seu nome, un recurso xudicial contra a adxudicación a Tragsa das obras de acondicionamento dos aparcadoiros do cemiterio de Foz e do colexio Fondo Nois. “Intenta impugnar a adxudicación de obras en Foz, o que demostra unha vez máis que o señor voceiro pon os intereses do seu partido por diante dos veciños e veciñas de Foz”, asegurou o rexedor.

O Alcalde incide: “É moi grave. O voceiro do PP intenta bloquear o arranxo do estacionamento do cemiterio de Foz, adxudicado a Tragsa na Xunta de Goberno Local da Deputación de Lugo do 29 de abril, para seguir enredando coa liquidada Suplusa e co proceso administrativo de entrada da Deputación no accionariado de Tragsa. Non sei cales son as ordes que lle fan executar desde o seu partido, pero esto é realmente inaudito: está literalmente intentando boicotear no xulgado o arranxo de infraestruturas en Foz beneficiosas para os veciños e veciñas. Unhas obras moi necesarias, no cemiterio pasamos dun estacionamento en zahorra a un novo aparcadoiro con aglomerado en quente”. “Disto non sacou ningunha nota de prensa, pero os feitos están aí e son realmente graves. Agora podemos chegar a entender a crítica que verquía sobre o gran número de obras que están en execución en Foz: o sr. Castiñeira está traballando activamente para bloquealas e para paralizar o noso concello”, afirmou Fran Cajoto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...