Antonio Rego Rey será o número 2 da candidatura do PP en Lourenzá

Eduardo Reigosa Braña ocupará a terceira praza da lista conservadora, que encabezará Javier Rodríguez Barrera

Candidatura do PP de Lourenzá. AXM

O Partido Popular (PP) de Lourenzá anunciou a lista coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio, unha candidatura que encabezará Francisco Javier Rodríguez Barrera.

O coñecido ex futbolista Antonio Rego Rey figura no número 2 da lista, seguido de Eduardo Reigosa Braña e Emma Álvarez Chao -alcaldesa entre 2012 e 2015-, nos postos 3 e 4.

Sandra Gómez Maradona, Magdalena Prado Rodríguez, José Martínez Ferreira, María José Sante Garcí, María Guadalupe Flórez Seivane, Roberto Díaz Expósito e Pablo Maseda Fernández son os seguintes candidatos da lista dos conservadores laurentinos.

Darío Rodríguez Bermúdez, Josefa Rodríguez Lorenzo e Alejandro Fernández Reigosa completan a candidatura como suplentes.

CRÍTICAS AO PSOE POLAS “GUERRAS INTERNAS”

O alcaldable popular sinala que “o noso proxecto está pensado para os vindeiros catro anos, non improvisado nos últimos meses” e que “este equipo será o que volva poñer o concello de Lourenzá no lugar que se merece sacándoa do desastre no que o meteu o PSOE por mor das súas guerras internas dentro do propio equipo de goberno, onde se deron dúas demisións e tres renuncias”.

HERBA ARTIFICIAL EN SANTA CRUZ

O candidato popular á alcaldía de Lourenzá aposta pola implantación de novas instalacións deportivas para o fomento do deporte entre os máis novos e novas e, nese sentido, comprométese “a dotar ao municipio dun campo de herba artificial no primeiro ano de mandato”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here