InicioCulturaUnha merecida homenaxe a Fernández del Riego na súa terra

Unha merecida homenaxe a Fernández del Riego na súa terra

O concello de Lourenzá quere reivindicar a figura do escritor para o que pide un Día das Letras Galegas.

Publicada o

- Advertisement -

O claustro do mosteiro de San Salvador acollerá o día 17 deste mes, sábado, a partir das 11 da mañá unha xornada sobre Francisco Fernández del Riego. No evento intervirán grandes coñecedores do escritor laurentino: Manuel Román Ramos, Francisco Domínguez Martínez, Xosé López González, Malores Villanueva Gesteira e Antón Vidal Andión.

Esta actividade, que está organizada polo Concello de Lourenzá e a Asociación Patrimonio Laurentino, ten coma obxectivo conseguir que se lle dedique un Día das Letras Galegas.

A xornada será o primeiro dunha serie de actos sobre a figura de Francisco Fernández del Riego na que se porá o aceno sobra súa vinculación con Lourenzá, a súa actividade galeguista e a súa defensa do idioma galego. Para asistir as xornadas hai que inscribirse previamente a través do teléfono 649.28.17.91 ou do correo electrónicopatrimonio.laurentino@gmail.com.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...