InicioCentralLourenzáVeciños e veciñas de Lourenzá visitan o Museo de Lugo para coñecer...

Veciños e veciñas de Lourenzá visitan o Museo de Lugo para coñecer mellor a obra de Julia Minguillón

O cadro “A Escola da Doloriñas”, que retrata unha escola rural laurentina, valeulle á autora lucense unha medalla de Belas Artes no 41.

Publicada o

- Advertisement -

O Museo de Lugo organizou este sábado un acto para conmemorar os 80 anos desde a entrega a Julia Minguillón (Lugo 1906-1965) da medalla da Exposición Nacional de Belas Artes pola obra “A escola da Doloriñas” .

A homenaxe á pintora lucense tivo como protagonistas ás veciñas e veciños de Lourenzá que, da man da Asociación Patrimonio Laurentino, aproveitaron a data para achegarse ao Museo de Lugo e visitar a Sala Julia Minguillón onde se expón este óleo, a composición máis interesante e tamén a máis coñecida da pintora.

O deputado Efrén Castro e a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, saudaron e deron a benvida ás persoas visitantes antes o itinerario guiado pola obra da autora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...