Laura, de nove anos, gañadora do concurso de postais do Concello de Lourenzá


O Concello de Lourenzá escolleu a postal coa que vai felicitar as festas de Nadal. A autora é Laura Rivas Iglesias, de 9 anos, que recibirá como premio 100 euros e un trofeo.

O xurado tamén decidiu conceder un accésit á postal presentada por Aldara Rexes Cupeiro, de 4 anos, que recibirá un lote de material didáctico.

Os premios serán entregados mañá, xoves, durante a recepción de Papa Noel, que terá lugar nos baixos do Concello de 17 a 19 horas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here