InicioCentralLourenzáLourenzá adéntrase no patrimonio submarino co documental "Proxecto Argos"

Lourenzá adéntrase no patrimonio submarino co documental “Proxecto Argos”

Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá, a Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha, de Ribadeo, e o grupo de investigación Áncora.

Publicada o

- Advertisement -

Na Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá terá lugar mañá, mércores, ás 19:00 horas a presentación dun documental e dunha mostra titulados Proxecto Argos. Memoria e patrimonio baixo a Ría.

Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá, a Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha, de Ribadeo, e o grupo de investigación Áncora.

No acto participarán o buzo profesional e arqueólogo especialista en Arqueoloxía Náutica e Subacuática da Universidade de Santiago de Compostela, David Fernández Abella; a arqueóloga especialista en xestión do patrimonio cultural, colaboradora do grupo de investigación Ecopast e xerente de Cado Arqueoloxía, Vanesa Trevín Pita; o investigador da Universidade do País Vasco, doutor en Historia pola Universidade de Oviedo e especialista en cerámica das épocas medieval e moderna Miguel Busto Zapico; e a restauradora e conservadora de bens arqueolóxicos María de la Fuente Ferreiro. Tamén intervirá Cidre Fernández.

A mostra estará aberta ao público na Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá ata o 10 de xaneiro. O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que esta exposición “é interesante para todo tipo de público e recomendada para que os nenos e nenas coñezan a riqueza arqueolóxica que hai nos fondos dos mares e das rías”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...