O recinto feiral de Lourenzá acollerá a campaña Coidados Porta a Porta este mes de maio

Esta campaña leva servizos asistenciais, como estimulación da memoria, podoloxía ou audioloxía, ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.

Consistorio de Lourenzá. GOOGLE MAPS

A campaña Coidados porta a porta, da Xunta de Galicia, estará no recinto feiral de Lourenzá os días 13, 16, 18 e 19 de maio de 9:00 a 20:00 horas. E o venres 13 ás 17:00 horas haberá unha charla informativa sobre esta iniciativa no salón de actos do Concello.

Esta campaña leva servizos asistenciais, como estimulación da memoria, podoloxía ou audioloxía, ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.

Os interesados poden obter máis información e solicitar cita previa no teléfono 622.748.283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here