Os pensionistas de Mondoñedo e Barreiros persisten

As dúas localidades mariñás acolleron protestas dos xubilados por unhas pensións dignas

Concentración en Mondoñedo. CEDIDA

Barreiros e Mondoñedo acolleron protestas dos xubilados por unhas pensións dignas.

Fiel á súa cita dos xoves, o Colectivo de Xubilados e Pensionistas de Barreiros sumou a décimo primeira semana de mobilizacións, fronte ao consistorio. A agrupación reclama a derogación das reformas laborais, unha pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional, a xubilación aos 65 anos e a blindaxe do sistema público de pensións.

Manifestación en Barreiros. CEDIDA

En Mondoñedo tampouco fallaron. O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (Modepen) convocou unha concentración diante do Concello co lema: “É a túa hora, a que esperas. Agora ou nunca, ti decides”. A agrupación mindoniense estivo acompañada por unha representación do colectivo de xubilados e pensionistas de Ribadeo

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here