IniciosociedadeA vindeira semana comezarán as obras de mellora do entorno da Catedral...

A vindeira semana comezarán as obras de mellora do entorno da Catedral de Mondoñedo

As actuacións, adxudicadas en 151.000 euros, afectarán a praza da basílica, á rúa Pascual Veiga e aos seus accesos, "con numerosos buracos e afundimentos"

Publicada o

- Advertisement -

A vindeira semana iniciaranse as obras de acondicionamento e urbanización do entorno da Catedral de Mondoñedo, nas que se investirán 151.000 euros.

As actuacións, adxudicadas a Construcciones y Canalizaciones José Saa, afectarán á propia praza da basílica, á rúa Pascual Veiga e aos seus accesos, con “numerosos buracos e afundimentos”, segundo sinalou a alcaldesa mindoniense, Elena Candia.

OBRAS NECESARIAS

A rexedora remarcou que “as obras dan resposta a unha clara necesidade de intervir no entorno da Catedral, declarada Monumento Nacional, Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade e, polo tanto, un lugar de alto interese patrimonial e artístico”.

Así mesmo, Candia avanzou que “as obras articularanse respectando os prazos e tendo en conta tamén os importantes acontecementos que acolle a cidade ao longo do ano”. O proxecto establece un prazo de execución de catro meses.

A configuración actual da praza da Catedral data de finais da década dos 60. Dende entón non se realizaron obras neste espazo.

As actuacións financiaranse con achegas do Ministerio de Fomento, con cargo ao 1,5% Cultural do ano 2017.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...