InicioCulturaTá en Artes dedicará o ano 2020 a Quique Guerra

Tá en Artes dedicará o ano 2020 a Quique Guerra

O colectivo, que presentará a segunda revista escolar de arte o 5 de novembro en Ribadeo, honrará o vindeiro ano ao artista mindoniense falecido no 2016

Publicada o

- Advertisement -

A asociación cultural Tá en Artes anunciou este martes que dedicará o ano 2020 ao artista nado en Mondoñedo Quique Guerra, finado en Cervo no 2016.

Namentres, o colectivo continúa cos actos de homenaxe a Suso Peña, ao longo deste 2019, e o vindeiro 5 de novembro (cine teatro de Ribadeo, 18.00 horas) presentará a segunda revista escolar de arte, nun acto que contará coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, dado que a secretaría financia este proxecto e comprometeu tamén axuda económica para o seguinte curso.

Segundo expón Tá en Artes, na revista recóllense os traballos realizados polos colexios e institutos ao longo do curso 2018-2019, e que se expuxeron no mes de xuño do 2019 no Cenima e que contaron coa participación de doce centros educativos de infantil, primaria, secundaria e bacharelato.

DOCE CENTROS PARTICIPARON NA PUBLICACIÓN

Editarase un total de 250 exemplares da revista escolar, que se distribuirán entre os centros educativos. A intención do colectivo é que teña carácter anual e que se edite a principio de cada ano escolar, incluíndo non só o traballo do alumnado, senón ademais coa colaboración de distintos creadores que expoñan ideas para traballar na aula.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...