A Xunta prevé completar “este ano” a rehabilitación da LU-124 entre Mondoñedo e Vilameá

O Goberno galego sinala que as obras están "a piques de rematar" entre Lindín e A Cruz da Cancela, e o proxecto concluirá coa mellora do treito que parte de Riotorto

Visita ás obras do treito Riotorto-Vilameá. AXM

A Xunta de Galicia prevé “rematar este ano” as obras de reforzo do firme no treito Riotorto-Vilameá da estrada autonómica LU-124.

O Goberno galego está a intervir entre a saída da travesía de Riotorto e a intersección coa estrada N-640 en Vilameá, no concello da Pontenova.

Os traballos consisten na extensión dunha nova capa de rodaxe en toda a sección. Segundo o calendario previsto, a extensión de novo aglomerado concluirá a principios do mes de novembro e daquela comezará a sinalización e outras actuacións complementarias.

Entre outras medidas, substituiranse os postes das barreiras de seguridade e colocaranse novos sistemas de contención. A obra inclúe a construción de cunetas de formigón para a mellora da drenaxe.

O Goberno galego destinou 604.000 euros ás actuacións neste treito da LU-124, que conecta tres concellos –Mondoñedo, Riotorto e A Pontenova- e dálles acceso -tamén ao da Pastoriza– á autovía do Cantábrico, a A-8.

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, salientou que a actuación neste treito completará a rehabilitación da LU-124, desde Mondoñedo ata Vilameá, cun investimento de tres millóns de euros.

LINDÍN-A CRUZ DA CANCELA

Segundo avanzou o representante do Goberno galego, o departamento de Infraestruturas está a piques de rematar os traballos de ampliación da calzada e de extensión do novo aglomerado no treito entre Lindín e A Cruz da Cancela.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here