Álvaro Cunqueiro volve ser o centro de Mondoñedo

A USC organizará un curso de verán en Mondoñedo centrado na figura do escritor.

Estatua de Álvaro Cunqueiro no centro de Mondoñedo / wikipedia

Mondoñedo acollerá un curso de verán centrado na figura do escritor Álvaro Cunqueiro os días 25 e 26 de xuño. As xornadas, baixo o título de I Encontro Álvaro Cunqueiro. Co camiño de quita e pon (1981-2021) están organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello de Mondoñedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.

A celebración deste curso coincide cos cuarenta anos do falecemento do escritor, os trinta anos da celebración do Día das Letras Galegas a el dedicado e dos cincuenta anos da publicación da súa obra Xente de aquí e de acolá. Trataranse neses dous días temas como a poesía, a narrativa, o teatro e a literatura xornalística en galego.

Nas xornadas analizaranse a vixencia do legado do escritor mindoniense e a súa actualidade, cotando para iso cunha trintena de especialistas como críticos literarios, profesores, centros de investigación, xornalistas, escritores… O programa das xornadas componse de diferentes actividades como coferencias, relatorios, roteiros literarios, mesas redondas e visitas guiadas.

Os I Encontros Álvaro Cunqueiro terán lugar no Auditorio Pascual Veiga e as persoas interesadas poden anotarse ata o 11 de xuño na páxina oficial dos Cursos de Verán da Universidade de Santiago de Compostela.

 

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here