InicioCentralMondoñedoGrave unha veterinaria tras ser corneada por unha vaca en Mondoñedo

Grave unha veterinaria tras ser corneada por unha vaca en Mondoñedo

O accidente aconteceu mentres inspeccionaba o animal.

Publicada o

- Advertisement -

Unha veterinaria resultou ferida grave ao recibir a cornada dunha vaca mentres realizaba o saneamento do animal no lugar de Seivane, en Mondoñedo.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 13,00 horas, recibiu a alerta do suceso a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron un helicóptero medicalizado, aínda que, finalmente, a muller ferida foi trasladada nunha ambulancia.

Ademais, o persoal do 112 pediu a intervención dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...