A néboa obriga a limitar a velocidade no A-8 á altura de Mondoñedo por terceiro día consecutivo

Os problemas de visibilidade no Alto do Fiouco son habituais e o Mitma traballa para tratar de solucionalo.

Néboa no Fiouco. AXM

A velocidade máxima de circulación pola Autovía do Cantábrico (A-8) volveu a quedar limitada este mércores, por terceiro día consecutivo, a 60 kilómetros por hora entre os municipios de Mondoñedo e Abadín, como consecuencia dos densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e condicionan a seguridade dos propios usuarios.

O nivel de servizo vermello quedou establecido no Alto do Fiouco, entre os kilómetros 536 y 552, ás 19:48 horas de este luns, como consecuencia da “visibilidade reducida” nese tramo de autovía, y así se mantivo ata onte.

Por terceiro día

Esta mañá, ese mesmo nivel de servizo e, polo tanto, a limitación de velocidade, volveu a quedar activada ás 08:43 horas polas mesmas circunstancias. Aos conductores que transitan por ese tramo se lles avisa da limitación mediante os correspondientes paneis luminosos.

Os problemas ca néboa nese punto da Autovía do Cantábrico son recurrentes e, de feito, está en marcha un proxecto do Ministerio de Transportes, Mobilidade y Axenda Urbana para a instalación de prototipos sobre o terreo que permitan avanzar en solucións alternativas para superar esta situación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here