InicioCentralMondoñedoO Alto do Fiouco, o paraíso da néboa en Galicia

O Alto do Fiouco, o paraíso da néboa en Galicia

A A-8 permanece pechada por segundo día consecutivo en Mondoñedo, tras varios días con moitos problemas pola néboa.

Publicada o

- Advertisement -

Os problemas de néboa no Alto do Fiouco, en Mondoñedo, non paran. Non hai semana na que non haxa incidencia. Os enxeñeiros que deseñaron a Autovía do Cantábrico non contaron cun fenómeno atmosférico milenario e iso, a pesar de que algún veciño xa advertiu da tolería que supuña esa infraestrutura.

Por iso, semana si e semana tamén non hai día na que  non haxa problemas coa néboa. Esta semana xa son cinco os días consecutivos con dificultades, os últimos dous, con ese tramo cortado. Aínda que unha leve melloría das condicións permitiu a apertura á primeira hora da mañá da autovía do Cantábrico (A8), os densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e condicionan a seguridade dos propios usuarios obrigaron a cortar novamente a circulación.

Segundo a información facilitada pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a autovía quedou cortada de novo esta mañá -ás 10:14 horas- en ambos os sentidos da circulación, concretamente no tramo comprendido entre os quilómetros 536 e 552, o que coincide co Alto do Fiouco.

Previamente, os tres primeiros días desta semana, a autovía estivo con limitacións de velocidade como consecuencia da néboa -os vehículos tiñan que circular a menos de 60 quilómetros por hora-. Como é habitual, os condutores que circulan pola autovía son avisados mediante a correspondente sinalización e os paneis luminosos desa circunstancia.

CIRCULACIÓN DESVIADA

A circulación foi desviada pola estrada Nacional 634, cuxo arranxo volvía reclamar esta semana o municipio de Mondoñedo, a causa do mal estado no que se atopa o firme e a deficiente sinalización.

Os problemas coa néboa nese punto da Autovía do Cantábrico son recorrentes e, de feito, está en marcha un proxecto de Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a instalación de prototipos sobre o terreo que permitan avanzar en solucións alternativas para superar esta situación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...