A artesanía de Mondoñedo acapara miradas no roteiro polos seus obradoiros

A Deputación de Lugo sinala a “boa acollida" da primeira parada do 'Lugo é artesanía', unhas actividades organizadas polo Centrad para promocionar os talleres artesáns das distintas comarcas.


O Centro de Artesanía e Deseño iniciou este sábado en Mondoñedo o programa “Lugo é Artesanía”, unha iniciativa de promoción dos obradoiros e produtos artesáns que se levará a cabo durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Neste primeira ‘Xornada Viaxeira’, na que se completaron as 20 prazas ofertadas, as persoas participantes visitaron o escenógrafo e titiriteiro Ton Arenas, o canteiro Fernando Vilariño e os talleres de cerámica Esquina Atlántica e de serigrafía artística Estudio Estampa, no barrio dos Muiños.

O deputado de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, Efrén Castro, destacou a “boa acollida da iniciativa tanto por parte das persoas visitantes como dos obradoiros que entenden que estes roteiros son unha boa ferramenta para dar a coñecer os seus produtos e a tradición artesá en cada comarca”.  Ademais de afondar no traballo que se desenvolve nos obradoiros, os visitantes, guiados por Guido Álvarez, percorreron Mondoñedo e a súa contorna para coñecer os elementos culturais e naturais vinculados aos distintos oficios artesás.

A vindeira parada do programa “Lugo e Artesanía” será este mesmo domingo en Sober, cunha visita á Reitoral de Gundivós, para a que tamén se completaron as 15 prazas dispoñibles.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here