InicioCentralMondoñedoO Concello de Mondoñedo destina case 250.000 euros a mellorar camiños

O Concello de Mondoñedo destina case 250.000 euros a mellorar camiños

As actuacións previstas dentro do Plan Único 2020 supoñen o acondicionamento de camiños nas parroquias de Couboeira, Masma e Argomoso por un importe de 18.879,87 euros.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo licita nos próximos días obras de mellora e acondicionamento de camiños municipais por un importe total de 247.165,98 euros.

As actuacións previstas suman un total de 24 intervencións en camiños das distintas parroquias do termo municipal mindoniense que foron incluídos polo Concello nos proxectos do Plan Marco para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas e no Plan Único.

Con cargo ao Plan Marco, o Concello mindoniense mellorará os camiños de acceso a parcelas agrícolas nos núcleos de Seivane, rúa Travesa e Ferrería por un importe de 74.332,72 euros.

O goberno local ten proxectado tamén o acondicionamento de camiños con cargo ao Plan Único. No primeiro proxecto inclúense camiños das parroquias de Masma e Os Remedios que serán licitados por un importe de 48.326,60 euros; mentres que o segundo proxecto recolle o acondicionamento de camiños das parroquias de Argomoso, O Carme, Lindín, Masma, Oirán, Os Remedios, Santiago de Mondoñedo e San Vicente para os que se dirixen 105.626,79 euros.

Neste caso, as actuacións previstas inclúen o camiño de Fondoso, os acceso a Valiño, un camiño en Tronceda, a pista de acceso á igrexa de Masma, o acceso ao cemiterio municipal, un camiño en Vigo, en A Seara, en Centeás, un tramo en Oirán, dous tramos no Outeiro, un camiño no Burgo, outro no Carme, en Valiñadares, Argomoso (Cova do Rei Cintolo), dous camiños en San Vicente e dous en Lindín.

E as actuación correspondentes ao Plan Único 2020, que supoñen o acondicionamento de camiños nas parroquias de Couboeira, Masma e Argomoso; serán licitadas por importe de 18.879,87 euros. Neste caso, será acondicionado o tramo de estrada A Follente con estrada A Furada, no camiño Souto da Retorta e a estrada desde a vía provincial LU-P-3102 a Pausalido.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...