InicioCentralDúas persoas excarceradas tras envorcar unha furgoneta na A-8

Dúas persoas excarceradas tras envorcar unha furgoneta na A-8

O sinistro tivo lugar sobre as 13.00 horas deste sábado entre Abadín e Mondoñedo.

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras saír da estrada e envorcar a furgoneta coa que viaxaban pola autovía A-8, ao seu paso polo municipio de Abadín.

Ocorreu pouco antes das 13,00 da tarde, cando varios particulares avisaron ao 112 Galicia de que unha furgoneta envorcara no punto quilométrico 548 da A-8. Segundo sinalaban os alertantes, no interior do vehículo había persoas atrapadas.

Así, de maneira inmediata, a central de emerxencias informou da situación aos servizos sanitarios, aos bombeiros de Vilalba e á Garda Civil de Tráfico. Xa no lugar, os bombeiros confirmaron que tiveran que liberar a un dos ocupantes da furgoneta e que, finalmente, dúas persoas habían resultado feridas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...