Mondoñedo estuda convenios coa Facultade de Turismo para traballar con alumnos e profesores

O obxetivo, destaca o goberno local, segue a ser posicionar a Mondoñedo e o xeodestino da Mariña Lucense como un territorio atractivo a visitantes, turistas e inversores.


Un grupo de alumnos da Universidade de A Coruña, concretamente da Facultade de Turismo, visitaron este venres Mondoñedo. O goberno local considera “importantísimo” que o patrimonio, recursos, actividades e experiencias deste municipio se coñezan xa dende a etapa de formación dos futuros profesionais dun sector tan importante na economía local.

Neste senso, adiantan que están a traballar na posibilidade de conveniar acordos con esa Facultade para fidelizar unha relación de colaboración e impulsar propostas de traballo conxunto tanto cos alumnos como cos mestres. O obxetivo, destacan, segue a ser posicionar a Mondoñedo e o xeodestino da Mariña Lucense como un territorio atractivo a visitantes, turistas e inversores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here