InicioCentralMondoñedoMondoñedo celebra os labirintos literarios de Álvaro Cunqueiro

Mondoñedo celebra os labirintos literarios de Álvaro Cunqueiro

Mondoñedo celbra o Día de Álvaro Cunqueiro cunha serie de actos este mércores día 22 de decembro.

Publicada o

- Advertisement -

Os actos conmemorativos do Día de Álvaro Cunqueiro principiarán ás 12:00h na Casa Museo Álvaro Cunqueiro coa inauguración da Exposición Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo: Encrucillada de Camiños, na que está prevista que participen o alcalde da cidade, Manuel Otero Legide; a tenente de alcaldía e deputada do Parlamento de Galicia Elena Candia; César Cunqueiro, fillo do autor e tamén el escritor; Natalia Palmou, Directora de 70 Mandarinas e coordinadora da exposición; e mais Armando Requeixo, comisario da exposición e coordinador de Actividades e Publicacións da CMAC.

Ás 18:00h proseguirá a celebración coa presentación no Salón de Plenos do Concello do volume Borges e Cunqueiro, creadores de labirintos, obra do profesor e escritor Claudio Rodríguez Fer, un traballo que se integra nos cadernos que compoñen a Colección Selva de Esmelle que publica a CMAC. Estarán presentes, ademáis do propio Claudio Rodríguez Fer, César Cunqueiro, unha representación do goberno municipal e mais Armando Requeixo.

O Día de Álvaro Cunqueiro completarase co concerto Cancioneiro do Camiño, un evento de entrada libre que ofrecerá Manoele de Felisa Grupo a partir das 19:30h no Auditorio Pascual Veiga e ao que tamén asistirán representantes do Concello e da CMAC. Casa-Museo Álvaro Cunqueiro

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...