Á venda os primeiros calcetíns con estampas de Mondoñedo

As prendas están dispoñibles dende este mércores na Oficina de Turismo do Concello.


O Concello de Mondoñedo chega a un acordo con SomosOcéano para promocionar o seu patrimonio na colección de calcetíns desta marca. A Oficina de Turismo do Concello comezará a vender este mércores vindeiro unha prenda que, desta vez, vén bordada co seu particular retrato da riqueza do territorio mariñán.

Segundo explican dende o consistorio, o Concello asinou un acordo cunha marca de emprendedores locais, SomosOcéano, para sacar adiante estes calcetíns que se venderán na amentada Oficina a 10 euros o par. SomosOcéano leva xa máis de cinco anos ofrecendo moda “atlántica” con calcetíns, camisetas e suadoiros deseñados en Galicia que veñen confeccionados con algodón parcialmente orgánico.

Dende o consistorio destacan a “comodidade” da prenda e gran definición das estampas neles gravadas, xa que se fabrican con máquinas de 200 agullas e, en consecuencia, presentan un alto grao de detalle. O Concello subliña tamén que, como amosa este acordo, “aproveita cada ocasión que se lle presenta para tentar posicionarse como administración colaboradora”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here