InicioCentralMondoñedoNova rolda de reunións entre Concello de Mondoñedo e veciñanza dos barrios...

Nova rolda de reunións entre Concello de Mondoñedo e veciñanza dos barrios e parroquias

As reunións comezarán este domingo día 24.

Publicada o

- Advertisement -

O equipo de goberno do concello de Mondoñedo inicia as rondas informativas por barrios e parroquias do municipio para informar da súa xestión e para recoller propostas e suxestións. Segundo o mesmo Concello “é un paso máis na liña de transparencia e proximidade aos veciños seguida polo equipo encabezado polo alcalde, Manuel Otero”.

As dúas primeiras reunións desta nova rolda celebraranse o domingo, día 24. A primeira será as 12.00 horas, cos veciños e veciñas da Rúa Rigueira e Río de Xisto, diante da Fonte Vella. O asunto a tratar será o das obras de acondicionamento de parcelas na Rúa Rigueira, Río de Sixto.

As 20.00 horas, os membros do equipo de goberno reuniranse con veciños e veciñas de O Carmen, na escola de O Carmen. No encontro abordaranse distintas cuestión de interese para a parroquia

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...