InicioCentralMondoñedo'Mondoñedo é Poesía' celebra a súa oitava edición para este domingo 1...

‘Mondoñedo é Poesía’ celebra a súa oitava edición para este domingo 1 de maio

Esta celebración enmárcase dentro das actividades ligadas á feira das Quendas.

Publicada o

- Advertisement -

A 8ª edición de Mondoñedo é Poesía celebrarase o vindeiro 1 de maio na vila mindoniense, Capital Galega da Poesía. Este achegamento á creación poéticva faise para “os amantes do verso dito, recitado, cantado, musicado ou visual”.

Este recital, que tamén contará coa actuación do grupo musical galego-catalán Gelría, celébrase dentro do marco das Feiras e Festas das Quendas. Unha feira franca que se celebra en Mondoñedo desde 1541. Os organizadores destacan tamén a participación dos deseñadores con raíces mindonienses, o fotógrafo Ignacio Castro, Nachok, e o deseñador Diego Núñez como autores do cartel desta oitava edición.

O recital dividirase en tres partes que se celebrarán en diferentes localizacións dentro da vila. A primeira parte será comezará ás 17:00 na Praza Jaime Cabot (Alcántara) e nela participarán Adrián A. Vázquez Rodríguez (1º Premio Díaz Jácome 2021), Adrián Maceda Fernández (2º Premio Díaz Jácome 2021) e Branca Trigo Cabaleiro (3º Premio Díaz Jácome 2021).

Seguidamente procederase ao I Recital de Poesía Infantil no que participará alumnado do CEIP Álvaro Cunqueiro. Este recital está organizado pola Asociación Tanque de Zinc e colabora a ANPA Chinchaollo. O presentador será Ton Arenas.

A terceira parte transcorrerá no Auditorio Pascual Veiga ás 18:00. Nesta ocasión as voces poéticas virán da man de Miguel Anxo Fernán Vello, poeta, dramaturgo e editor. Premio Nacional da Crítica Española 1985 e 2005. Olga Novo, poeta, ensaísta e profesora. Premio Nacional de Poesía 2020. Por último, Xuan Bello, poeta, narrador, tradutor e ensaísta. Premio Nacional de Literatura Asturiana 2017.

Haberá tamén un concerto a cargo do grupo galego-catalán Gerlia, fundado en 2014. A formación para este concerto será Rubén Fernández (voz), Federico Mosquera (piano), Mario G. Cortizo (percusión) e Pablo Pérez (contrabaixo).

Os organizadores desta oitava edición son a Asociación As San Lucas, Colectivo Mondoñedo É … e Asociación Tanque de Zinc. Xunto a eles colaboran a Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Mondoñedo e ANPA Chinchaollo.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...